26 de Decembro 2024, 12:00
A Biblioteca abre as súas portas ao Nadal creando un espazo de creatividade onde os participantes poderán deseñar e desenvolver a súa imaxinación mediante o emprego de diferentes técnicas artísticas e materiais, dando forma a unha proposta pensada para esta época do ano.
Obradoiro a cargo de Cucarandainas
Público infantil de 6 a 12 anos
Espazo de obradoiros da Biblioteca
Duración: 60 minutos
15 prazas
Inscrición previa a partir do 16 de decembro a través do formulario da nosa páxina web. Recibe o aviso a través do boletín de novidades.
As prazas asignaranse por rigorosa orde de inscrición. No caso de ser seleccionado/a a biblioteca poñerase en contacto con vostede a través de correo electrónico uns días antes da actividade.