07 de Outubro - 23 de Decembro 2025, 17:00
      
  Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
      
  Todas aquelas persoas que queiran introducirse no fascinante mundo do teatro teñen o seu sitio na Biblioteca Pública de Pontevedra. Neste obradoiro, de tres meses de duración, traballaranse tanto técnicas como exercicios de desinhibición, expresión corporal, creatividade, improvisación ... e moitas outras cousas. Todo de xeito lúdico, ameno e divertido.
Data e hora: martes, de 17.00 a 18.30 (de outubro a decembro)
Público destinatario: adulto e xuvenil
Inscrición previa na web da biblioteca a partir do 26 de setembro ás 9.00 h.
 
 
   
   
  