A Inquisición e Compostela

Imaxe
23 de Abril 2025, 18:30
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal

Roteiro a cargo de Maos Innovación Social, S. Coop. Galega

Percorreremos a historia do Santo Oficio na nosa cidade e visitaremos os lugares que ocuparon as súas dúas sedes compostelás, así como outros espazos relacionados cunha institución determinante para comprender parte da nosa historia e dos conflitos que a percorren.

Dirixido a persoas de 14 a 99 anos. Máximo: 30 participantes. As persoas interesadas poden retirar o convite no mostrador de Información da biblioteca dende 30 minutos antes do comezo da actividade.