14 - 25 de Outubro 2024, 10:00 - 13:00
Curso de alfabetización dixital
Curso dirixido a persoas que desexen iniciarse no uso da internet en teléfonos móbiles.
Os alumnos e alumnas aprenderán, entre outras cousas, a facer buscas sinxelas na Internet, descargar e organizar a información, crear unha conta de correo, envío e recepción de correos, realización de trámites e citas, fundamentos de protección de datos e dereitos de autor.
Datas: Do 14 ao 25 de outubro de 10:00 a 13:00 (30 horas)
Lugar: Sala clubes de lectura
Público: xuvenil e adulto
18 prazas
Inscrición a través de formulario web a partir do 30 de setembro