13 - 31 de Maio 2024, 9:00 - 21:00
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
Mostra bibliográfica
Mostra bibliográfica en homenaxe a Luísa Villalta, persoa homenaxeada este ano no Día das Letras Galegas 2024. Escritora e violinista, foi autora de poesía, narrativa, teatro, artigos xornalísticos... Pero Luísa Villalta destaca tamén pola súa intensa participación en actividades culturais e por exercer un claro compromiso social.
Do 13 ao 31 de maio na planta baixa. De 9:00 a 21:00 horas