Mans á ciencia!

Imaxe
28 de Novembro 2026, 11:30 - 13:30
Biblioteca Pública de Lugo

A cargo de Ciencia Kids

Un obradoiro para experimentar, descubrir e aprender facendo, e onde os participantes converteranse en pequenos científicos para realizar eles mesmos diferentes experimentos científicos, descubrir fenómenos sorprendentes e buscar respostas a preguntas que espertan a súa curiosidade.

A ciencia non consiste unicamente en aprender contidos, tamén desenvolve habilidades que serán fundamentais no futuro, como a capacidade de analizar información, expor preguntas, resolver problemas, traballar con outras persoas e adaptarse a situacións novas.

Por iso, fomentar desde a infancia unha relación positiva coa ciencia axuda a espertar vocacións científicas e tecnolóxicas e a preparar aos nenos para un mundo cada vez máis relacionado coa ciencia, a tecnoloxía e a innovación.

Durante o obradoiro serán os propios participantes quen realice os experimentos, manipular materiais, fagan predicións, observen resultados e saquen as súas propias conclusións.

Para nenos/as de 6 a 12 anos.

Duración: 60 minutos.

Duas quendas: (15 prazas por quenda).

Primeira quenda: ás 11:30

Segunda quenda: ás 12:30 h.

Ludoteca.

Inscrición previa desde o luns anterior na sala infantil ou no teléfono 982828329

Imprescíndibel que a nena ou neno teña carné de socio da biblioteca.