A maxia da ciencia!

Imaxe
06 de Novembro 2026, 18:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal

Obradoiro con Arenaria

É maxia? Non, é ciencia! Moitos dos trucos máxicos están baseados en fenómenos físicos e químicos, son ciencia. A través da experimentación, poderemos coñecer feitos da vida cotiá: poden os zapateiros camiñar sobre a auga? Existe a invisibilidade? Podo facer lume na man sen queimarme?

Este obradoiro ten unha metodoloxía práctica, fomenta a participación, o pensamento crítico e implica ás persoas participantes.

No salón de actos. Actividade dirixida a 25 nenas e nenos de 6 a 12 anos. As persoas interesadas poden recoller a invitación no mostrador de información da biblioteca dende 30 minutos antes de que comece a actividade.