12 de Agosto 2025, 11:00
Edificio multiusos do Concello de Quintela de Leirado
A compañía La Griot'te desenvolverá este obradoiro teatral, nel traballarase a imaxinación, a coordinación, a psicomotricidade e a expresión oral mediante o teatro de obxectos
A través da manipulación e animación de distintos obxectos escollidos polo público, non só aprenderemos a darlles vida dunha forma artística, senón que entre tódalas persoas asistentes comporemos unha breve peza teatral e descubriremos como se relacionan os obxectos entre sí e o que isto significa.
Sen dúbida, unha actividade orixinal e creativa que merece a pena experimentar!
Actividade aberta a todos os públicos.
Duración: 90 min.
Horario: 11:00-12:30 horas
Espazo: Edificio multiusos, Leirado (Quintela de Leirado)