Maxia ou Ciencia

Imaxe
29 de Agosto 2024, 12:00
Biblioteca Pública de Ourense

Obradoiro de divulgación científica

Coa realización de diversos experimentos búscase proporcionarlles aos niñ@s unha base de pensamento lóxico dedutivo.

O obxectivo é espertar o interese dos nenos e das nenas pola ciencia e a investigación, favorecendo así o desenvolvemento da nosa sociedade. Demostrarase que os fenómenos naturais poden parecer máxicos e asombrarnos, ata que os observamos, descubrimos e explicamos.

Que ese é o inicio da actividade científica, e ademais, que a ciencia está integrada a todas as áreas do coñecemento e da vida.

Actividade para nenas e nenos de 6 a 12 anos. Inscricións dende o venres anterior no teléfono 988 788385.