Maxia vs. Ciencia

Imaxe
08 de Novembro 2025, 12:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal

Espectáculo co Mago Paco

Neste espectáculo o mago Paco mestura dúas disciplinas, a Ciencia e a Maxia, que a priori non teñen nada en común, pero acabará demostrando o moito que se parecen e todo o que comparten unha vez que nos achegamos a elas dunha maneira moi diferente e moi divertida.

Coa axuda dun científico locuaz, pero un pouco tolo e fascinado polo mundo dos experimentos e da maxia a partes iguais, descubriremos algúns dos porqués dalgunhas das diferentes partes da ciencia como as matemáticas, o son, a astronomía ou os efectos ópticos e de 3D. Ás veces sen poder case distinguir se verdadeiramente son cousa de maxia ou, pola contra, o que vemos, tocamos ou facemos ten unha explicación científica.

Un espectáculo adaptado ao currículo educativo que trata diversos contidos dun xeito práctico, dinámico e moi entretido, interactuando constantemente cos rapaces e rapazas, facéndoos participes, cómplices e protagonistas de cada experiencia ou momento fantástico.

Dirixido a nenas e nenos de 3 a 8 anos.

No salón de actos da biblioteca. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.