Maxia vs. Ciencia

Imaxe
21 de Novembro 2025, 18:00
Biblioteca Pública de Lugo

A cargo de O Mago Paco

Un espectáculo adaptado o currículo educativo que trata diversos contidos como os efectos ópticos, matemáticas, o son e a astronomía dunha forma práctica, dinámica e moi entretida, interactuando constantemente cos rapaces e rapazas, facéndoos participes, cómplices e protagonistas de cada experiencia ou momento fantástico.

Para nenos/as a partir de 4 anos (público familiar)

Horario: 18:00 h.

Salón de actos (ata completar capacidade)