Melisa quere traballar

Imaxe
10 de Maio 2025, 12:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal

Contacontos e obradoiro de chapas a cargo da Compañía Garabullo

Melisa quere traballar é a historia dunha abella obreira que, ao cumprir un día de vida, decide contribuír á colmea. Proba varios traballos: limpadora, coidadora de crías, construtora de paneis... Pero non encaixa en ningún. Ao final, descobre que o seu verdadeiro don é recoller pole e néctar, converténdose na mellor carrexadora.

Este conto transmite unha mensaxe importante: non hai que desanimarse se non atopamos o noso lugar de inmediato. Ás veces, a clave está en seguir intentándoo!

Despois do conto, realizaremos un obradoiro de chapas (imáns), onde as nenas e nenos poderán deseñar as súas propias creacións inspiradas na historia de Melisa.

No salón de actos. Dirixido a público infantil.