22 de Abril 2024, 18:00
Biblioteca Pública Municipal de Bueu - Don Gonzalo Torrente Ballester
Actividade do programa Ler Conta Moito con Cris de Caldas
Texto de presentación da actividade
De entrante, unhas adiviñas e roliños de poesía con salsa agridoce que dan alegría. Un segundo prato para escoller, entre conto tradicional cunha bruxa descomunal ou un conto diversamente necesario e contado a baixa temperatura. Remataremos cunha sobremesa de lingua chocolatada de pop-up.
Con esta proposta de menú, cada quen pode xantar aquilo que máis lle preste.
Isto é a maxia do contos contados!
Público/s ao/aos que vai dirixido
- Público infantil (De 4 a 12)
Duración
45 minutos
Sesións
- Sesión única: 22/04/2024 - 18:00
Lugar de celebración
Biblioteca Gonzalo Torrente Ballester. Montero Ríos nº 22 B. Sala multiusos. Primera Planta. Bueu (Pontevedra)