MeRe-cidamente

Imaxe
21 de Xuño 2024, 20:00
Biblioteca Pública Municipal de Vilar de Santos

Actividade do programa Ler Conta Moito con Moc Moc MeRe Clown

Texto de presentación da actividade

Un torpe artista itinerante fai a súa tola entrada na vila. Todo vai a peor cando o seu axudante non aparece. Erros, triunfos frustrados, unha vasoira vivente, un “monstro“ con chapuzón na auga incluído... e ó final resulta que o espectáculo non era nesa vila!
Clown, malabares, equilibrios, lume e moita participación e interacción co público para lograr que este devandito personaxe saia victorioso

Público/s ao/aos que vai dirixido

  • Público infantil (5 anos en adiante)
  • Público xuvenil
  • Público adulto

Duración

50 minutos

Sesións

  • Sesión única: 21/06/2024 - 20:00

Lugar de celebración

Aldea de Saa