01 de Xullo - 31 de Agosto 2026, 8:30 - 14:30
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Mostra bibliográfica
No Día do cómic, no mes de marzo, fixemos un padlet colaborativo que continuou ata xuño para que os usuarias e usuarios da biblioteca compartisen as súas lecturas favoritas de banda deseñada. Agora aproveitamos as súas escollas para facer unha mostra bibliográfica con elas e achegar fisicamente a todas as lectoras e lectores da biblioteca esta selección para que poidan desfrutar dela nas súas lecturas de verán.
Pode visitarse na zona da hemeroteca do 1 de xullo ao 31 de agosto en horario de apertura da biblioteca.