04 de Novembro 2023, 12:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Sesión de divulgación científica con María Canosa
Sesión de divulgación científica na que os asistentes poderán descubrir diversas curiosidades científicas. Os experimentos propostos estarán baseados nas propiedades fundamentais da auga, manipulando obxectos e materiais de uso cotiá, a través do que reparar no coñecemento científico.
Dirixido a nenas e nenos de 6 a 12 anos.
No salón de actos. Entrada libre ata completar a capacidade da sala.