06 de Setembro 2024, 19:00
Actividade do programa Ler Conta Moito con Patasdepeixe editora
Texto de presentación da actividade
Sabes como se fai un libro? Queres coñecer o proceso creativo de Monstr3s da man dos seus autores? Queres saber como ilustra unha autora? E como escribe un ilustrador? Ai, non, que é ao revés!... Ou non? Acompáñanos nesta viaxe por imprentas, cafeterías, autoestradas e conversas e descobre como se fixo esta obra monstruosa.
Público/s ao/aos que vai dirixido
- Público infantil (3-9)
- Público xuvenil
Duración
120 minutos
Sesións
- Sesión única: 06/09/2024 - 19:00
Lugar de celebración
Biblioteca do Grilo-Cacheiras