Mostra de Ilustracións de Esteban Souto

Imaxe
15 de Abril - 04 de Maio 2024, 18:00
Biblioteca Pública de Ourense

Espazo CreOU

Este mes dentro do Espazo CreOu teremos unha mostra con diferentes ilustracións de Esteban Souto, nado en Vigo pero Ourensán de adopción, dende o 2019 ilustrou libros para a editorial Galaxia, Antela Editorial, Adapta Editorial, realizou un comic para Aira Editorial e colaborou coa revista da Asociación Gehitu. 

As ilustracións poderanse ver na planta baixa da Biblioteca na Sala Infantil e no Espazo Xove. 

E o sábado 27 de abril dará unha charla "Como creo as miñas ilustracións" ás 12.00 h