Música para bebés

Imaxe
07 de Outubro 2025 - 23 de Xuño 2026, 11:00
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola

A Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola invita ás familias de Pontevedra, con cativos/as de ata 3 anos de idade, a participar nesta actividade dirixida a potenciar o vínculo afectivo-social familiar, ademáis de  

favorecer o desenvolvemento sensorial, motriz, e social dos/as bebés a través de diferentes propostas musicais.

A actividade está enfocada en:

Fortalecer o vinculo entre os compoñentes da familia a través do canto e a música.

Axudar ao desenvolvento sensorial, motriz e social dos nenos e nenas.

Espertar emocións positivas a través do canto e a música.

Entrar en contacto con instrumentos musicais variados.

Cantar en grupo.

A actividae desenvolverase entre os meses de outubro e xuño  con sesións quincenais.

Data e hora: martes 7 de outubro ás 11.00 h.

Público destinatario: bebés, ata 3 anos, acompañados dun adulto (10 prazas)

Inscrición previa na web da biblioteca  a partir do jueves 25 de setembro ás 9.00 h