Ñam Ñam Alimentación saudable

Imaxe
04 de Xullo 2024, 12:00
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés

Tamara Rivas

Que almorzo?, que podo merendar?, Que alimentos ofrecer en celebracións e festas para que sexan máis saudables?

Durante a infancia sentamos as bases dunha alimentación saudable. Por iso é importante poñer ao seu alcance alimentos saudables e variados. Este obradoiro práctico fomenta a experimentación e o descubrimento de novos sabores a través da elaboración de receitas sinxelas.

Ideas orixinais para descubrir unha alimentación saudable, as propiedades nutricionais e beneficios de cada alimento.

Duración 60 minutos

Nenas e nenos de 6 a 12 anos

Espazo de obradoiros da planta baixa

15 prazas

Inscrición previa a partir do 17 de xuño ás 9:00 a través do formulario da nosa páxina web. Recibe o aviso a través do boletín de novidades.