Contacontos con Caxoto
O Apalpador é unha personaxe mitolóxica da tradición galega que estivo a piques de desaparecer pero do que aínda quedan algunhas testemuñas na zona do Caurel e os Ancares. Conta a tradición que é un xigante, que foi carboeiro, que apaña castañas e talla xoguetes en anacos de madeira que atopa nos seus paseos polos montes.
Neste espectáculo recibimos a súa visita para que nos conte quen é, cal é a súa orixe, a que se adica no seu día a día … e, o que é máis importante, que consellos temos que seguir para que cando nos visite nos deixe unha presada de castañas e algún dos agasallos que el mesmo fai en madeira.
Unha personaxe entrañable que nos fará pasar unha hora chea de maxia.
Dirixido a nenas e nenos de 3 a 8 anos.
No salón de actos, a entrada é libre ata completar a capacidade da sala.