28 de Decembro 2024, 12:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Contacontos a cargo de Sole Felloza
O período do Nadal é unha época especial do ano no que se acumula un conxunto de tradicións e rituais moi arraigados.
Nenas e nenos imos descubrir xuntos algunhas destas tradicións, as súas historias e algunhas panxoliñas e aguinaldos.
Esta noite feiticeira,
loguiño de te durmir,
entre a neve silandeira
o Apalpador ha de vir.
Baixará dende a Rogueira,
devesa moi misteriosa,
onde habitan a bidueira
e a faia máis preciosa...
Xurxo Valcárcel Gil
No salón de actos. Para nenas e nenos de 3 a 8 anos. Entrada libre ata completar a capacidade da sala.