O baúl dos soños

Imaxe
25 de Setembro 2025, 18:00
Biblioteca Pública de Ourense

Bebeconto con Compañía espectacular

Iniciamos os bebecontos na bSala Infantil con este "O baúl dos soños" a cargo da Compañía Espectacular. 

Actividade para nenas e nenos de 1 a 3 anos (acompañados dunha persoa adulta).

É necesaria a inscrición previa que pode facerse dende o venres anterior á actividade presencialmente ou chamando aos números de teléfono : 988 788 385 / 386

Luna e Soleil son unha simpática parella de trobadores que viaxan polo mundo acompañados do seu Baúl. A súa misión é abrir a porta ao mundo dos soños a través de historias, cancións e un contacto próximo co público.

Trátase dunha obra dirixida aos máis pequenos e as súas familias, cunha trama sinxela que deixa espazo a gozar das sensacións. Palabras, música en directo,sons, cores e beleza. O Sol e a Luna, o raposo que leva á galiña, a espiña do cabalo Trotón, a burrita Campá e

os seus amigos atrapados nun libro...