28 de Febreiro 2025, 18:00
A cargo de Caxoto
Tódalas noites a avoa Sara subía á habitación do seu neto máis cativo, sentaba na súa cama e facía dúas cousas. Primeiro contáballe un conto e despois cantáballe unha cantiga. Cos primeiro compases daquela cantiga o seu neto máis cativo Caxoto quedaba durmido coma un tronco cada noite.
Con este espectáculo, Caxoto recolle estas lembranzas de entre as brumas da memoria e tenta recompoñer as sensacións, as emocións, a fantasía, a maxia dos primeiros pasos, dos primeiros contos …
Para nenos/as de 0 a 3 anos (20 prazas)
Duración: 35 minutos
Horario: 18:00 h.
Ludoteca
Inscrición previa desde o luns anterior na sala infantil ou no teléfono 982828329