27 de Agosto 2026, 11:30
O último dos obradoiros creativos de agosto será un espazo participativo para descubir o narrador que todas e todos levamos dentro. A través de xogos, improvisación, expresión corporal, voz, silencios, emocións, ilustracións e monicreques, este obradoiro convida a explorar a maxia dos contos e o poder da imaxinación.
Actividade para nenas e nenos de 6 a 12 anos.
Duración aproximada de 1.30 h.
As prazas son limitadas polo que é necesario facer a inscrición previa chamando aos números de teléfono 988 788 385 / 386 ou ben presencialmente dende o venres anterior á actividade.