27 de Xuño 2026, 12:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Contacontos con Sara Cruz
Ás veces a rabia, a mágoa ou a dor son tan fortes que sentimos que imos estoupar. Cando iso pasa, o monstro das emocións toma o mando. E se aprendemos a adestralo?
Acompañamos a Sara Cruz nesta viaxe para aprender a convivir coas nosas emocións. Unha sesión chea de aprendizaxe e sensibilidade para as máis pequenas e pequenos.
No salón de actos. Para nenas e nenos de 3 a 8 anos. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala (70 persoas).