16 de Outubro 2024, 18:30
Actividade do programa Ler Conta Moito con Raquel Crespo
Texto de presentación da actividade
Raúl é un apaixonado dos libros e da fantasía ata que a súa tía lle regala a primeira máquina de videoxogos. A consola é a súa mellor amiga e cada aniversario recibe dous agasallos: un videoxogo e un libro, que vai co montón de lecturas pendentes. No seu 13º aniversario, recibirá só un agasallo: un libro!
Ese libro, unha tormenta e un apagón introducirán ao noso amigo nunha nova e única aventura!
Programa
Contacontos de setembro a decembro
Público/s ao/aos que vai dirixido
- Público infantil (3-12)
Duración
45 minutos
Sesións
- Sesión única: 16/10/2024 - 18:30
Lugar de celebración
Biblioteca Miguel Sande, Pastoriza (Arteixo)