O porquiño vai ao mar. Ana Carreira

Imaxe
05 de Marzo 2026, 17:30 - 18:15
Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel

Dúas sesións: 17:30 e 18:15 h.

Porquiño emprende a súa primeira gran viaxe: vai ver o mar.

Polo camiño, descobre novas cores, sons e movementos, e alí entre as ondas e a area fai amizade con novos amigos cos que xogar, cantar e bailar . Xuntos viven pequenas aventuras cheas de ritmo e tenrura ata que, case sen buscalo, atopan un tesouro moi especial.

Duración: 30 minutos.

Idade: de 0 a 3 anos.

Inscrición previa na biblioteca ou no teléfono 886 120 445 a mesma semana da actividade.