O xogo de Nano

Imaxe
30 de Decembro 2024, 12:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal

Contacontos para bebés a cargo de Raquel Queizás

Nano recibe unha visita moi especial o día do seu aniversario. Está todo preparado: a torta, as candeas, os globos. Só faltan os amigos, a que xogarán? Ao rematar terá que se bañar e descubrirá o divertido que é coñecer as partes do seu corpo ao ritmo da música. Para 30 nenas e nenos de 1 a 4 anos. Cada bebé estará acompañado dunha persoa adulta.

As persoas interesadas poden recoller a invitación no mostrador de información da biblioteca dende 30 min antes do comezo da actividade.

Podes consultar as normas de reparto das entradas para as actividades cun número de asistentes limitado nesta ligazón.