14 de Setembro 2024, 18:00
Actividade do programa Ler Conta Moito con Alivavá
Texto de presentación da actividade
Tras unha charla sobre a incidencia dos plásticos no mediambiente, afondaremos neste problema a través dun obradoiro no que traballaremos con lixo mariño atopado na Costa da Morte, xa limpo e preparado, así como con pistolas de silicona e pinturas. Os/as participantes poderán desenvolver as súas habilidades creativas elaborando pezas artísticas, nun proceso de transformación do lixo en arte.
Público/s ao/aos que vai dirixido
- Público infantil (a partir dos 7 anos)
- Público xuvenil
- Público adulto
- Colectivos con necesidades especiais (Adaptámonos ás necesidades específicas)
Duración
120 minutos
Sesións
- Sesión única: 14/09/2024 - 18:00
Lugar de celebración
Biblioteca Antón Zapata de Laxe