16 de Maio 2026, 11:30
Sábados okupados na biblio con Vermislab
Este sábado volven os obradoiros de ciencia á Nós, propoñémosvos unha aventura chea de diversión, aprendizaxe e conciencia ambiental. E ademais, aprenderedes conceptos fascinantes de ciencia e tecnoloxía mentres vos divirtides creando un robot sustentable.
Actividade para nenas e nenos de 7 anos en diante.
As prazas son limitadas polo que é necesario facer a inscrición previa dende o venres 8 de maio ben presencialmente ou chamando aos números de teléfono 988 788 385/386.