Obradoiro de cómic

Imaxe
14 de Marzo 2026, 12:00
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés

Celebramos o Día do Cómic cun obradoiro a cargo de Bea Lema

Aprenderemos a narrar unha historia persoal a través de viñetas. As persoas participantes realizarán un guión, o deseño de personaxes e unha páxina de cómic. Como resultado levaran para a casa o seu propio fanzine.

Imparte: Bea Lema é ilustradora e autora de cómic. Emprega o bordado e o tecido como soporte para trasladar as súas imaxes. En 2018 obtivo o XII Premio Castelao da Deputación da Coruña ca obra “O Corpo de Cristo”. Este ano publicou a novela gráfica “Desmaux à dire”, en Francia (Ed. Sarbacane). En España publicarase en novembro de 2023 baixo o título “El Cuerpo de Cristo” (Ed. Astiberri). O proxecto foi bolseiro para realizar a residencia de novela gráfica na Maison deas Auteurs de Angoulême en 2022 e actualmente traballa na adaptación deste libro a curtametraxe de animación. En 2024 recibiu o Premio Nacional do Cómic.

Público infantil de 6 a 12 anos

Lugar: espazo de obradoiros da biblioteca

Duración: 90 minutos

15 prazas

Inscrición previa a partir do 5 de marzo a través do formulario da nosa páxina web. Recibe o aviso a través do boletín de novas.

As prazas asignaranse por rigorosa orde de inscrición. No caso de ser seleccionado/a a biblioteca poñerase en contacto con vostede por correo electrónico uns días antes da actividade.