Obradoiro de deseño e escritura creativa

Imaxe
14 de Febreiro 2025, 18:00
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola

Neste obradoiro a rapazada creará unha tarxeta deseñada por eles mesmos/as para regalarlla a ese amigo/a, familiar ou persoa especial que teñan en mente. Debuxarán e pintarán a portada con deseños moi visuais e escribirán unha carta personalizada que incluirán no interior da tarxeta.

Data e hora: venres 14 de febreiro ás 18.00 h.

Público destinatario: infantil,  de 8 a 12 anos.

Inscrición previa na web da biblioteca a partir do mércores día 5 de febreiro.