21 - 23 de Outubro 2025, 18:00 - 19:30
Aprende a técnica de encadernación belga
PRAZAS ESGOTADAS. FORMULARIO PECHADO
As e os participantes do obradoiro aprenderán a técnica de encadernación belga.
A partir de 18 anos
3 sesións: martes 21, mércores 22 e xoves 23 de outubro de 18:00 a 19:30 h.
15 prazas
Inscrición previa a partir do 30 de setembro a través do formulario da nosa páxina web. Recibe o aviso a través do boletín de novas.
As prazas asignaranse por rigorosa orde de chegada das inscricións. No caso de ser seleccionado/a a biblioteca poñerase en contacto con vostede.