Obradoiro de Física de partículas

Imaxe
14 de Decembro 2024, 12:00
Biblioteca Pública de Ourense

con Vermislab

Dentro dos nosos sábados okupados temos hoxe un obradoiro para achegarnos á ciencia dun xeito divertido. 

Impartido por Vermislab, comezará ás 11.30 h e está pensado para nenas e nenos de 7 a 12 anos. 

As prazas son limitadas e as inscricións poderán facerse a partir do luns 9 de decembro ás 9.00h, chamando aos números de teléfono 988 788 385 / 386.