04 de Novembro 2023, 11:00
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
O obxectivo desta actividade é abordar as bases e o papel esencial da ilustración científica no avance do coñecemento. O taller que terá un carácter fundamentalmente práctico, estará guiado por Carmen Vega, investigadora da Misión Biolóxica de Galicia CSIC e ilustradora. Nesta actividade as persoas participantes crearán as súas propias ilustracións partindo de nocións básicas de debuxo naturalista e de técnica de acuarela que serán abordadas pola relatora. O tema a tratar serán as especies vexetais da zona, coas que se traballa na Misión Biolóxica de Galicia. A través da observación exhaustiva, tentarase plasmar da maneira máis fiel as características morfolóxicas da especie escollida.
- Data e hora: sábado, 4 de novembro de 11 a 13 h.
- Público destinatario: adulto
- Inscrición previa na web da biblioteca a partir do xoves 26 de outubro, a partir das 9:00 h.