Obradoiro de ilustración científica

Imaxe
31 de Xaneiro 2026, 11:00
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola

Co gallo da celebración do Día da Ilustración, celébrase un obradoiro no que se ofrecerá unha introdución teórico-práctica á ilustración científica aplicada ao estudo e divulgación do medio mariño, centrado en especies costeiras e oceánicas. Aprenderás a observar a morfoloxía dos organismos mariños e a representalos mediante técnicas tradicionais: grafito, lapis de cores e acuarela.

Combinaremos ciencia e arte para contribuír á comprensión e a conservación da biodiversidade mariña.

O obradoiro será guiado por Eva Cacabelos e Nair Vilas, persoal investigador do Centro Oceanográfico de Vigo do Instituto Español de Oceanografía (IEO-CSIC)

Data e hora: sábado 31 de xaneiro ás 11.00 h.

Público destinatario: adulto e xuvenil, a partir de 16 anos

Inscrición prrevia na web da biblioteca a partir do día 22 de xaneiro ás 09.00 h.