Obradoiro de letras capitulares

Imaxe
14 - 15 de Outubro 2025, 18:00 - 19:30
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés

A cargo de Ana Álvarez Veira

Tras unha breve introdución sobre o concepto de Letra Capitular e a súa historia, cada participante escollerá unha letra -a súa inicial- e realizará un marcapáxinas con ela.

2 sesións: martes 14 e mércores 15 de outubro de 18:00 a 19:30 h

A partir de 16 anos

20 prazas

Inscrición previa a partir do 7 de outubro a través do formulario da nosa páxina web. Recibe o aviso a través do boletín de novas

As prazas asignaranse por rigorosa orde de chegada. No caso de ser seleccionado/a a biblioteca poñerase en contacto con vostede.