Obradoiro de Zentangle

Imaxe
15 de Abril 2025, 12:00
Biblioteca Pública de Ourense

con KaiZen Tangle

Nesta semana de Semana Santa contaremos cuns obradoiros polas mañás para nenas e nenos de 6 a 12 anos. 

Hoxe, "Zentangle", o método Zentangle axuda a reducir o estrés e a mellorar a concentración.

Consiste nunha práctica de debuxo abstracto, meditativo, mediente trazos e patróns repetitivos que permiten chegar a un estado de alta concentración e relaxación e dando lugar á creación de imaxes sorprendentes. 

Non é necesario ter ningunha habilidade previa. Só ganas de divertirse e pasala ben.

Para asistir a ela é necesario facer inscrición previa chamando aos teléfonos 988 788385 e 988 788386 desde o venres 11 de abril.