A cargo de O Faiado de Nin
A todas e a todos ler nos axuda a coñecer máis o mundo, a imaxinar o que nos gustaría facer, visitar, inventar.
Lendo historias podemos vernos como detectives, arqueólogas, mestres, arquitectas, deportistas, científicas, músicos, poetas…
O que faremos neste obradoiro será retratarnos (debuxo e colaxe) como eses personaxes que imaxinamose e levaremos o autorretrato para colgar na casa.
Na sala infantil.
Para 12 nenas e nenos de 6 a 12 anos.
As persoas interesadas poden recoller a invitación no mostrador de información da biblioteca desde 30 minutos antes do comezo da actividade.
Esta actividade forma parte do Plan Corresponsables, financiado polo Ministerio de Igualdad (Gobierno de España) e está dirixida a familias monoparentais, vítimas de violencia de xénero ou outras formas de violencia contra a muller, mulleres en situación de desemprego de longa duración, mulleres maiores de 45 anos ou calquera outra unidade familiar con necesidades en materia de coidados de nenas e nenos.