Observación do ceo nocturno con telescopio

Imaxe
27 de Novembro 2025, 20:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal

Observatorio Astronómico Ramón María Aller da Universidade de Santiago de Compostela

Observación do ceo nocturno con telescopio realizado polo Observatorio Astronómico Ramón María Aller da Universidade de Santiago de Compostela (se as condicións meteorolóxicas non acompañan, trasladarase a outro día).

A actividade comeza cunha breve explicación do que se vai poder ver, para despois sair ao exterior da biblioteca e realizar a observación dos astros a través do telescopio, que terá unha duración aproximada de unha hora.

O número máximo de participantes é de 25. As persoas interesadas poderán recoller a invitación no mostrador de Información da biblioteca a partir das 18h.

Documentación