02 de Novembro 2024, 12:00
Obradoiro a cargo de A nube de Artear
O mundo vólvese terroríficamente divertido na biblioteca!
Antes de que caia a noite e as bruxas e as pantasmas invadan a biblioteca, os nenos e as nenas poderán participar neste obradoiro creativo de Samaín, creando un espazo de creatividade, onde poñer en práctica as súa imaxinación dando forma a diferentes propostas, todas elas monstruosamente divertidas.
Público infantil de 6 a 12 anos
Espazo de obradoiros da Biblioteca
Duración: 60 minutos
15 prazas
Inscrición previa a partir do 21 de outubro ás 9:00 a través do formulario da nosa páxina web. Recibe o aviso a través do boletín de novidades