Os contos do lobiño

Imaxe
07 de Febreiro 2025, 18:00
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola

Bea Campos vai engaiolar a todolos bebés cos seus contos sobre un lobiño moi curioso.Sesión de contos con música na que os nenos compartirán con aqueles que os coidan e os educan un momento de pracer, lonxe do ruído e os quefaceres cotiáns; espertando xa nos seus primeiros anos de vida un interese pola literatura, a música e a tradición oral.

Data e hora: venres 7 de febreiro, ás 18.00 h.

Público destinatario: bebés, ata tres anos (acompañados dun máximo de dous adultos)

Inscrición previa na web da biblioteca a partir do mércores, 29 de xaneiro, ás 09.00 h.