24 de Outubro 2024, 18:00
Bebeconto con Ana Carreira
Este xoves celebramos o Día das Bibliotecas cun cun bebeconto especial "Os mundos de porquiño" de Ana Carreira e teremos dous pases!
Porquiño acaba de nacer. Aínda que ao principio só lle interesa comer e durmir, pouco a pouco vai descubrindo o mundo que o rodea. Pero como é despistado ás veces pérdese e coñece outros lugares.
Podedes facer as inscricións dende o venres anterior a actividade para un dos dous pases , ás 18.00 h ou ás 18.45h , como sempre chamando aos número de teléfono 988 788385 / 386.