Otero Pedrayo: A linguaxe da paisaxe

Imaxe
19 de Agosto 2026, 11:00
Casa da Cultura do Concello de Sandiás

Hai paisaxes que falan, se sabemos escoitalas

Mapas, memoria e paisaxe: traballaremos en Sandiás co legado de Otero Pedrayo sobre a Lagoa de Antela.

Un obradoiro para descubrir a paisaxe da Lagoa de Antela a través da mirada do escritor ourensán, coa arquitecta Mar Penela López, especializada en educación e transformación de espazos educativos.

As persoas participantes traballarán co mapa didáctico do Proxecto Terra, unha iniciativa do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia que promove o coñecemento e a reflexión sobre esta paisaxe singular da comarca da Limia.

 

Actividade aberta a todos os públicos

Horario: de 11:00h a 12:00h

Lugar: Casa da Cultura do Concello de Sandiás