Ourense e a auga

Imaxe
26 de Agosto 2026, 10:30
Porta do Xurés do Concello de Muíños

Hai auga que nace fría e auga que nace ardendo. Nas terras do Xurés, o monte garda un segredo térmico que os nosos devanceiros xa coñecían hai séculos.

No obradoiro "Ourense e a auga" situaremos no mapa as termas que salpican a nosa provincia (Bande, Lobios e moitas máis) e entenderemos por que este territorio leva milenios fervendo baixo os nosos pés.

Actividade aberta a todos os públicos



Horario: 10:30h - 11:20h

Lugar: Porta do Xurés, Concello de Muíños