Outras realidades: cómics do imposible

Imaxe
01 de Xullo - 29 de Agosto 2025, 8:30 - 14:30
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal

Mostra bibliográfica

Mundos alternativos, realidades paralelas, futuros e pasados imaxinados, versións dun mesmo que nunca foron… estes son algún dos temas explorados na mostra Outras realidades: cómics do imposible. Convidámoste a asomarte a novas visións que reconfiguran a nosa percepción do posible e do imposible. Dende visitar planetas lonxanos e civilizacións utópicas, ata distopías inquedantes, pasando por narrativas que reescriben historias xa coñecidas e por reflexións persoais sobre camiños vitais non tomados.

Este verán, escapa da rutina e deixa voar a túa imaxinación embarcándote nesta viaxe para alimentar a túa curiosidade e abrir novos horizontes a través do poder das viñetas.

Pode visitarse na zona da Hemeroteca, na planta baixa, durante o horario de apertura da biblioteca.