Coordina Lisístrata
Celebramos o Día das Escritoras co recital Palabra de Muller no que baixo o lema "O placer, a alegría e a risa das mulleres" persoas representativas da cultura e sociedade galegas porán voz á obra das escritoras homenaxeadas este ano para reivindicar o labor e o legado das mulleres que escribiron ao longo da historia.
A nosa biblioteca súmase así á iniciativa da Biblioteca Nacional de España (BNE), a Federación Española de Mujeres Directivas, Ejecutivas, Profesionales y Empresarias (FEDEPE) e a Asociación Clásicas y Modernas, Asociación para la igualdad de mujeres y hombres en la Cultura. Ademais, esta iniciativa conta coa colaboración da Asociación Colegial de Escritores (ACE) e o Centro Español de Derechos Reprográficos (CEDRO).
No salón de actos.
A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.