Palitroques

Imaxe
29 de Novembro 2025, 11:00 - 13:00
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés

A cargo de Víctor González García-Echave

PRAZAS ESGOTADAS. FORMULARIO PECHADO.

Palitroques é un obradoiro de arquitectura e xeometría aplicada, desenvolvido a partir dun recurso didáctico que se basea nun sistema construtivo de barras e unións para a montaxe de figuras e estruturas. 

Desenvólvese nun formato de xogo en equipo, no que se deberán superar diversos retos nun tempo determinado, como nunha xincana construtiva. 

Público infantil de 6 a 12 anos

Espazo de obradoiros da Biblioteca

2 quendas:

Quenda 1: 11:00-12:00 h.

Quenda 2: 12:00-13:00 h.

15 prazas por quenda

Inscrición previa a partir do 20 de novembro a través dos formularios da nosa páxina web. Recibe o aviso a través do boletín de novas.

Formulario de inscrición quenda 1

Formulario de inscrición quenda 2

As prazas asignaranse por rigorosa orde de inscrición. Cada persoa será admitida nunha única quenda. No caso de inscribirse en ambas quendas, e resultar admitida, asignaráselle praza na quenda que elixise en primeiro lugar.

No caso de ser seleccionado/a a biblioteca poñerase en contacto con vostede uns días antes da actividade.