02 de Xaneiro 2025, 12:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Contacontos a cargo de Pontragha
Pan con chocolate, e fáisenos a boca auga. Pan con chocolate é moito máis ca unha presa de contos. Retornamos o sabor da merenda de sempre para acompañala de contos de onte, de hoxe e de mañá. En salgado e doce, Carme e María da Pontragha tráenmos dúas historias para seguir, para contar xuntas e para levar na memoria polo mundo que habitemos na nosa saqueta dos contos particular.
No salón de actos. Para nenas e nenos de 3 a 8 anos. Entrada libre ata completar a capacidade da sala.